Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia agradece a presenza de Ana Pastor na inauguración das novas instalacións de Capitanía Marítima

GONZÁLEZ BARCIA DESTACOU A IMPORTANCIA QUE TEN DOTAR DE MÁIS E MELLORES INFRAESTRUTURAS Á CAPITANÍA MARÍTIMA. O REXEDOR AGRADECEU A PRESENZA EN BURELA DA MINISTRA DE FOMENTO.

Burela, 1 de marzo de 2013. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, destacou a importancia que ten dotar de máis e mellores infraestruturas á Capitanía Marítima e agradeceu a presenza da ministra de Fomento, Ana Pastor, no acto de inauguración das novas instalacións.

O rexedor sinalou que “no equipo de goberno entendemos que a visita da ministra a Burela é importante porque supón dotar a un servizo fundamental para o sector pesqueiro como é Capitanía Marítima de máis e mellores infraestruturas. Hai que recoñecerlle á ministra a vontade que tivo no seu momento de rematar esta obra, o cal demostra que incluso en momentos complicados, como os que estamos vivindo, o compromiso de Ana Pastor co sector pesqueiro e especialmente con Burela”.

Para González Barcia “resulta incluso sintomático que Ana Pastor veña a Burela inaugurar un servizo vinculado co mundo do mar, ela que precisamente viviu moi de cerca no ano 2005 o naufraxio do Siempre Casina. Coñece ben Burela, estivo aquí en máis dunha ocasión, e eu teño que agradecerlle o interese que puxo para buscar solucións, dentro da legalidade vixente, á afección da denominada variante de Burela dentro do plan xeral de ordenación municipal”.

O alcalde concluíu: “que saiba a ministra que ten as portas abertas deste Concello, que sempre será ben recibida aquí en Burela”.

Exit mobile version