Esta obra fora solicitada pola Asociación de Nais e Pais do centro e para o Concello é “moi importante xa que estamos falando dunha infraestrutura como é o pavillón, na que os nenos e nenas xogan e desenvolven numerosas actividades” tal e como explica a edil de Educación e Obras, Pilar Armada. Neste caso, facíase necesario cambiar o antigo canalón, xa deteriorado, e colocar un novo para evitar goteiras.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, as edís Pilar Armada e Yolanda Pedreira e membros da ANPA achegáronse hoxe ata o centro para comprobar o desenvolvemento das obras, que previsiblemente finalizarán mañá e, en todo caso, antes do remate das vacacións escolares de Semana Santa.
Armada destacou que esta obra está enmarcada nun proxecto máis amplo de conservación das instalacións educativas “co que pretendemos axudar e colaborar cos centros para seguir mellorando e mantendo o benestar do alumnado nos centros escolares”.