
Este pasado sábado, día 2 de marzo, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, iniciouse o I Festival de Curtas de Alfoz. O evento é organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro en colaboración da Deputación de Lugo e o Concello de Alfoz. O día estivo dedicado ó cine do mindoniense Miguel García. Proxectáronse as películas “Ferro ardendo”, “O sobriño”, “Servicio a domicilio”, “Paixón por Ferrol” e “La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa”.