
Este sábado 16 de marzo, ás 23:00 horas, terá lugar unha jam session co batería coruñés Miguel Cabana xunto co grupo burelés de latin-jazz fussion, o Marosa Jazz Project. O evento, que terá lugar no Hotel Nordés ten unha entrada de 2 euros (consumición incluída). Dende a Asociación Pedagóxico-Musical Marosa Jazz convidan a todas e todos a asistir, especialmente ás/ós amantes do jazz e da música moderna, así como ás/ós músicos da Mariña lucense para participar na jam.