Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove mellora o vial que une o burgo de Cornide co de Ventoselle

OBRA EN AGUIEIRA - A RIGUEIRA 2
O Concello de Xove está a punto de rematar os traballos de construcción dunha escolleira de pedra e ancheamento do vial municipal que une o burgo de Cornide co de Ventoselle, máis concretamente na zona chamada Aguieira dentro da parroquia de A Rigueira.

A zona onde se está facendo o máis importante da obra presenta un importante desnivel, cunha zona de talud moi pronunciada. Debido a isto, nesta área eran frecuentes, sobre todo en época de choivas, que se produciran bastantes desprendementos, co conseguinte perigo para os usuarios da vía. A vía tamén era bastante estreita, o que dificultaba o paso de vehículos, especialmente o cruce dos mesmos. Por estas razóns os veciños do entorno levaban pedindo dende hai un tempo unha solución estes problemas, solución que está practicamente realizada coa pronta finalización das obras.

Dentro das obras destaca a escolleira de pedra, que protexe un talud e vai evitar que no futuro se produzan perigosos desprendementos (adxúntase unha fotografía da visita realizada polo alcalde á obra, na cal se aprecia perfectamente a escolleira de pedra).

A obra está sendo realizada pola empresa xovense Excavaciones Vigo. En canto ao investimento da mesma, o importe é de 14.500 euros, fondos totalmente municipais que están incluídos dentro do presuposto 2013.

Exit mobile version