Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercado do Souto en Cervo

Este domingo 24 de marzo ten lugar celébrase unha nova edición do Mercado do Souto de Cervo. Unha das actividades é o “Troco de semente”, para trocar e conservar a calidade e a diversidade das especies. E a partires das 12.30 horas unha nova sección: “Músic@s de proximidade”. O mercado estase a realizar no pavillón polideportivo pechado que ten o Concello de Cervo a carón do colexio ata que o tempo permita regresar á Praza do Souto. Unha iniciativa da Asociación C. Airiños do Xunco de Cervo e da Asociación de consumo ecolóxico Karrikanta de carácter comarcal, co obxectivo de poñer en contacto a produtores e consumidores poñendo en valor a produción e o consumo de produtos orgánicos e naturais, da zona e que ten lugar os segundos e cuartos domingos de cada mes. Como é habitual, o horario é de 10.00 a 14.00 horas.

Exit mobile version