Site icon Crónica3.com A Mariña

Moñita convida á edil de Facenda de Cervo a unha charla informativa da plataforma contra os abusos eléctricos

Dende aquí quero invitar a señora Pedreira a unha das charlas da plataforma e así poderá comprobar por unha banda a transparencia da mesma e por outro o nivel de coñocementos demostrados. Se a edil de Facenda houbera asistido a algunha charla podería comprobar que en todas elas comezamos explicando a que nos dedicamos os socios fundadores e por qué motivos. Comenzo dicindo que eu teño unha asesoría enerxética e que a situación actual non me deixa realizar o meu traballo e resolver os problemas dous meus clientes, motivo que me impulsa a unirme con xente afectada por ditos abusos para formar a plataforma ante a falta de apoio por parte de Industria. Isto dícese en todas as charlas sen excepción.

Tamén o temos dito en todas e cada unha das entrevistas que nos fixeron en radio, xa sexa en Radio Foz, Ser Mariña, Cope Ribadeo ou Radio Burela. Nunha entrevista que me fixo El Progreso con data 27 de novembro do 2012 é o primeiro que digo. Tal vez non atenda vostede aos medios de comunicación como debera tratándose da actualidade do seu concello ou da Mariña.

Xustamente ó traballar nunha asesoría eléctrica permíteme ter o coñecemento necesario da lexislación vixente para poder denunciar con base legal ditos abusos e rebater as respostas das partes contrarias. Creo que cando se fala de algo é fundamental saber do que se fala. Neste caso quéixome novamente da falta de información da edil cervense e teño que recordarlle que grazas á mediación de dita asesoría conseguimos que lle repuxeran o fornezo a unha empresa de Cervo con preto de 80 traballadores.

En resposta a súa pregunta señora Pedreira, si , traballo nunha das mellores asesorías eléctricas de Lugo e estou cada día mais orgulloso do nivel da mesma, por iso cando falo sei do que falo. Como comprenderá se tivera coñecementos, por exemplo, de Farmacia podería apuntarme a unha plataforma de afectados polos abusos de Facenda, pero en ningún momento podería presidila porque non teño os coñecementos precisos. Creo que isto é de sentido común.

E adiantándome á súa próxima pregunta teño que contestarlle que aconsello a todo o mundo dende a plataforma con carácter gratuíto como tamén poderá comprobar nas charlas. No seu concello asistiron 90 persoas á charla de San Cibrao, 60 persoas á charla de San Roman, pode preguntarlle a calquera delas. Tamén pode preguntarlle ás 150 persoas que asistiron onte en Barreiros. Todos eles lle poderán contestar.

Importante recordarlle que a Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico non cobra cota algunha, que todos os custos que xenera saen dos petos dos fundadores e por suposto non cobramos 150 € a hora de charla ou por asistir a elas.

A próxima charla informativa vai ser en Ribadeo, e está vostede invitada a ela, e non só iso senón que a invitamos a que se sente xunto a nós no escenario e que poida realizar todas as preguntas que desexe sen deixar unha sen resposta. Creo que unha visión crítica coma a súa pode axudarnos moito a crecer e quero mostrarlle o meu agradecemento por elo. Seguro que tras esa asistencia comeza vostede a apoiar incondicionalmente o noso labor, única en España e poderá estar orgullosa de que a mesma xurdise no seu concello.

Para rematar lamento que vostede crea que caín na descualificación e na falta de respecto, que para nada era a miña intención, o que pasa é que eu persoalmente tendo a ser moi claro e ás veces se me malinterpreta. De todos os xeitos si se sentiu atacada ou ofendida reciba a miñas desculpas. Espero contar coa súa presenza na próxima charla. E sen non pode non pasa nada que haberá mais.

José Luis Moñita, presidente da Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico

Exit mobile version