Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova ruta de Pasada das Cabras

O vindeiro sábado día 9 de marzo a Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela ten previsto facer a Ruta de Quintá-río Donsal en Baleira (O Cádavo) con 15 quilómetros e de dificultade media. Tamén se fará unha opción alternativa que será de 7 quilómetros e dificultade baixa. O prezo para os socios será de 10 euros e 15 para os non socios. A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela, hai que levar comida e recoméndase levar botas. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do venres, día 8 de marzo ás 13.00 horas. Para consultar as características da ruta : www.asociacioncastanoynogal.com.

Exit mobile version