Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova xornada de cine en Alfoz

IMG_0019O pasado sábado, día 16, na Casa da Cultura de Alfoz, celebrouse a terceira xornada do I Festival de Curtas de Alfoz, que estivo dedicado ó cine de Cervo e Burela. Este festival está organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro, en colaboración coa Deputación Provincial e o Concello de Alfoz. O acto comezou cunha mesa redonda sobre o mundo do cine, no que, moderado por Xabier Pardiñas (presidente do SEVA), participaron os dous directores do día (Paco Piñeiro e Matías Nicieza), xunto con Ramón Casas, un dos promotores e directores da representación teatral que tanto éxito vén acadando nas últimas semanas “Os vellos non deben namorarse”, e Xaquín Domínguez, un dos protagonistas da coñecida serie da TVG “Padre Casares”. Logo da mesa redonda puidéronse ver as películas “Focegos por amor”, de Paco Piñeiro, e “33”, de Matías Nicieza.

Exit mobile version