Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo curso da Uned

A Uned de Lugo leva a cabo un novo curso titulado “Aplicaciones informáticas de hojas de cálculo” que se desenvolverá tamén nas aulas de Foz e Viveiro. Este curso, que se realiza a través da plataforma virtual Moodle, ten como obxectivo familiarizarse co uso das follas de cálculo Excel e Calc. A realización do mesmo será do 8 ó 21 de marzo e conta con 20 horas lectivas. Co fin de evitar problemas na recepción de correos electrónicos relacionados coa actividade recoméndase que o alumn@ non proporcione direccións de correo electrónico “hotmail”. Para máis información nos teléfonos 982.133.699 (Foz) e 982.563.601 (Viveiro). Tamén na súa páxina web.

Exit mobile version