Site icon Crónica3.com A Mariña

O altleta Antonio Cabana do Egovarros acadou a medalla de bronce no Campionato de Europa de veteranos

IMG_1512Do día 19 ó día 24 de marzo, celebrouse na cidade de San Sebastián o Campionato de Europa de Pista Cuberta de Veteranos onde participaron 6 atletas do club vivairiense defendendo á selección española, destacando entre eles a Antonio Cabana, que na proba de 1500 metros na categoría de M 70. Deste xeito, logrou a medalla de bronce, despois de rebaixar o seu tempo en 5 segundos e de facer toda a carreira na segunda posición, detrás dun atleta francés, sendo superado nos últimos metros por un atleta alemán, e sendo tamén este un éxito enorme dado que partía ca décima mellor marca de todos os participantes.

A súa compañeira de club Begoña de Arriba na categoría de W 55, acadou a novena posición na proba de 1500 m, tamén Manuela Guisasola na categoría de W 50 na proba de cross fíxose coa vixésima posición e a súa compañeira Francisca Romasanta na proba de cross en W 60 logrou a décima posición.

Os seus compañeiros Emilio Toral en M 55 na proba de cross, rematou no posto 40 e Fernando Ramos en M 65 acadou o posto décimo octavo tamén na proba de cross.

Exit mobile version