Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro solicita o nomeamento de diversas rúas no barrio de Xunqueira

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro presenta unha moción para o nomeamento do rueiro no barrio de Xunqueira.

A petición da Asociación de Veciños VALDEFLORES de Xunqueira, o BNG presenta ao Pleno do Concello de Viveiro, a moción para o nomeamento de diversas rúas no Barrio de Xunqueira en Viveiro. Logo de que a proposta fora realizada en numerosas ocasións ante o Concello de Viveiro pola citada asociación veciñal dende o ano 2009, sen obter resposta por parte de quen ten a competencia para o seu debate no Pleno Municipal.

Citamos textualmente a proposta presentada por parte da Asociación de Veciños Valdeflores de Xunqueira:

A Asociación de Veciños Valdeflores de Xunqueira acordou na súa asemblea anual celebrada no mes de marzo de 2009 solicitar da Corporación Municipal de Viveiro, o nomeamento das rúas do barrio de XUNQUEIRA, xa que actualmente só unha rúa ou avenida ten nome, a Avda. do Landro, que é a estrada xeral. As demais rúas carecen de nome.

A asociación formou unha comisión que estudou os nomes de lugares do barrio, onde están situadas as rúas, e optouse por non poñer nomes de persoas concretas e manter os nomes históricos das distintas zonas ou atendendo a connotacións históricas das mesmas.

Polo que o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, concordando coa Asociación de Veciños Valdeflores de Xunqueira, propón ao Pleno Municipal de Viveiro a adopción do seguinte acordo: nomear as rúas do barrio de Xunqueira conforme ao seguinte listaxe e ao plano adxunto:

– RÚA CAMIÑO REAL DE XUNQUEIRA: O paso por Xunqueira do camiño Real dende a estrada ata Viveiro.
– RÚA SANTO DOMINGO: Rúa dende o camiño Real ata o Convento de Valdeflores.
– RÚA CAMPO DA FESTA: Rúa dende a ponte ata o campo da festa.
– RÚA DA CHOUSA: Rúa pequena dende o Camiño Real.
– RÚA DOS PELAMIOS: Rúa dende o Camiño Real ata a fonte. *Os pelamios eran os obradoiros artesáns de curtidos, dous dos cales aínda existen na zona.

– CALEXA DA FONTE: Dende a fonte ata a estrada xeral.
– RÚA DO BIMBIÁS: Dende a estrada xeral ata o paseo marítimo.
– RÚA DA PANELA: Dende a dereita da escola ata o paseo marítimo.
– RÚA DOS MUIÑOS: Dende a estrada xeral, dirección á carrapota.
– RÚA DAS ACEÑAS: Dende a estación de Feve ata o barrio das Aceñas.
– PRAZA DO MUIÑO DAS MAREAS: A praza do barrio das aceñas.
– RÚA DA FEIRA NOVA: Dende a fonte de Verxeles ata o tanatorio.
– RÚA DA BALEA: Dende a estrada xeral ata o barrio da Balea.

Exit mobile version