Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da LNFS, Javier Lozano, acompañou ó Burela FS na presentación da súa nova sede

inauguracion6Esta mañá tivo lugar a inauguración de luxo da nova sede do equipo Burela FS Pescados Rubén e de toda a familia laranxa. O acto estivo presidido polo presidente da Liga Nacional de Fútbsol Sala, Javier Lozano Cid, e polo seu homólogo na Federación Galega de Fútbol, José García Liñares.

Antes de descubrir a placa inaugural, a máxima autoridade da Liga felicitou ó club mariñán polas novas instalacións, como espello dun serio traballo a favor do fútbol sala: “Vivir la vida es dejar un legado, ayudar a construir algo. Esto es lo que está haciendo el Burela, difundiendo la ilusión en la gente, creando riqueza en la economía de la zona y formando una estructura sólida. Para la LNFS Burela es un ejemplo, es un camino para marcar al resto y sólo le puedo desear que siga así, creciendo”, explicou Javier Lozano, con quen coincidiu o presidente da FGF, cualificando de “instalacións modélicas” a nova casa laranxa: “Uno de mis primeros actos en la Federación fue en Burela en 2010, con la presentación de la Copa de España Femenina; entonces ya me impresionó la estructura de este club tan dinámico, que no deja de superarse día a día; así lo demuestra esta nueva sede” dixo José García Liñares.

En nome de todos os integrantes da familia burelista, o presidente, José Ramón González Casas agradeceu o apoio de personalidades de institucións deportivas e administrativas nun momento tan importante para a entidade. “Esta nueva sede refleja nuestra apuesta por la continuación y evolución del fútbol sala, un escaparate para la ilusión por este deporte en A Mariña”, dixo González Casas.

Ademais, compartiron este día tan especial para a estrutura laranxa a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; o xefe de Deportes de Lugo, Manuel Otero; o deputado provincial, Alfredo Llano; e o alcalde de Burela, José María González Barcia, entre outros. A RFEF tamén quixo apoiar ó Burela FS neste acto coa presenza do directivo Juan Abellán; acudiron tamén o presidente do Comité de Fútbol Sala da FGF, Plácido Díaz, e Jacinto Artigas, do Comité Gallego de Árbitros, ademais de patrocinadores, representantes de ElPozo Murcia, diversos medios de comunicación e aficionados.

O club burelista cólase no centro neurálxico da localidade mariñá para brindar unha maior cercanía a socios/as laranxas e aficionados/as ó mundo do fútbol sala. Ademais das oficinas de xerencia deportiva, corpos técnicos e ED EON Burela FS, as novas instalacións acollerán a área de Atención ao Socio e unha nova proposta coa Tenda Laranxa, que ofrecerá unha ampla gama da indumentaria deportiva do Burela FS e unha innovadora e carismática liña de complementos de xoiería.

Exit mobile version