Site icon Crónica3.com A Mariña

O CAFyD, talón de Aquiles para os laranxas

Os laranxas recolleron un traballadísimo punto en Terceira División, na visita dun pechacancelas que se converteu no talón de Aquiles burelista, ante o que na primeira volta tamén se tiveron que conformar co empate. Vista Alegre tivo que armarse de paciencia de cara ao gol, nun encontro que se decidiu no último minuto.

O Burela FS Pescados Rubén marcou o compás do partido, aínda que o xogo en exceso horizontal limitou o perigo en ataque, fronte a unha defensa moi ordenada, que aproveitou o contragolpe, provocando certa incerteza sobre a meta de Brais. A falta de 20 segundos para o asubío final, Manu foi capaz de tomar a dianteira laranxa, 1-0, ao materializar un dobre penalti. O visitante apostou por porteiro-xogador e obtivo o que perseguía; faltando 10 segundos marcou a igualada para repartir os puntos.

Ficha técnica

Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Antón e Keko Tamén xogaron Carlos, Souka, Xoia, Hélder e Manu Jiménez

CAFyD: Álex, Rebo, Marcos, Víctor e Rubén; tamén xogaron Kinso, Asier, Fabián e Chenlli.
Goles: 1-0, minuto 39, Manu (d.p.); 1-1, minuto 39, Fabián.

Árbitros: Naray Álvarez, Rivas Fouz

Exit mobile version