Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro sociocultural de Barreiros acollerá as actividades para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros organiza diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Celebraranse no centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade Manuel Díaz Sampedro o 10 de marzo, domingo, a partir das seis da tarde.

O programa de actos inclúe unha representación a cargo do grupo teatral da asociación VEA, que porá en escena a obra titulada ¿Por que a min?. Tamén se levará a cabo a entrega de premios do cuarto certame de poesía A miña nai, muller traballadora e a lectura dos traballos gañadores do certame, no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante.

Exit mobile version