Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Baloncesto Burela asina un acordo de colaboración con Pescados Rubén

Pescados Rubén-1O Club Baloncesto Burela asinou un acordo de colaboración polo cal a partir do día de hoxe todos os nosos equipos levarán o nome de CB. Burela Pescados Rubén.

Esta empresa radicada na Mariña será a patrocinadora de todos os equipos do club. Nestes intres que estamos a vivir, en que todas as entidades pasan por dificultades económicas, agradecemos dende a directiva, dun xeito moi especial este apoio económico que nos permitirá seguir vivos durante polo menos esta e a vindeira tempadas. Un apoio que será para o primeiro equipo, pero de maneira especial para toda a base do club. É unha aposta decidida desta empresa polo deporte de base. Constatamos como na actual temporada que aumentamos en número de xogadores e de equipos, ata un límite en que coa actual infraestrutura do club, estamos a piques de saturarnos. Contrasta esta axuda financeira coa que recibimos dende as distintas administracións, escasas nalgúns casos e nulas noutras.

Na presente tempada no club temos en competición dous equipos pre-mini (benxamín), tres equipos mini (alevín), tres equipos infantís, un cadete feminino e o sénior feminino, en total 10 equipos, e un número de xogadores/as que supera os cen neste intre. Os dous últimos participan en competición federada e os oito primeiros no programa Xogade da Xunta de Galicia.

Exit mobile version