Site icon Crónica3.com A Mariña

O día 20 de marzo remata a presentación de solicitudes para as escolas infantís de varios puntos da comarca

O DÍA 20 REMATA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA AS ESCOLAS DE ALFOZ, O VALADOURO, FOZ, MONDOÑEDO, BURELA, VIVEIRO E RIBADEO

Santiago, 2 de marzo de 2013.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes de praza en calquera das escolas infantís da rede autonómica A Galiña Azul. Na comarca da Mariña, a rede conta con centros en funcionamento nos concellos de O Valadouro, Mondoñedo, Burela, Viveiro, Ribadeo e dous en Foz. Ademais, para o mes de setembro está programada a entrada en funcionamento a nova escola infantil de Alfoz, para a que tamén se pode solicitar xa unha praza.

A resolución cos prazos e o lugares de presentación das instancias pode consultarse a través da web www.escolasinfantis.net ou no propio centro infantil onde se queira matricular ao neno ou nena.

Segundo se sinala na devandita resolución, o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso está aberto ata o 20 de marzo, as listas provisionais de admitidos publicaranse o día 2 de maio e as listas definitivas, o día 27 de maio. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 28 de maio ata o 12 de xuño.

Axilizar a tramitación do cheque infantil

Como novidade, salientar que para o curso 2013/2014 a documentación para optar ao cheque infantil presentarase de forma simultánea coa solicitude de praza nas escolas infantís. Deste xeito, unha vez que se publique no DOG a convocatoria do cheque infantil, as familias xa terán presentada a documentación e axilizarase a tramitación do mesmo.

Exit mobile version