Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Provincial do PP informa de que a Deputación deixa sen cubrir o 75 por cento do servizo de axuda no fogar

Lugo, 15-03-2013 – O Grupo Provincial do Partido Popular informa de que a Deputación de Lugo deixa sen cubrir o 75% do Servizo de Axuda no Fogar. Os populares lembran que foi a propia Vicepresidencia da Deputación quen fixo público o custe do servizo en 2012, superior aos 2,5 millóns. Polo tanto, unha cifra moi inferior a contía subvencionada polo ente provincial.

Os populares lamentan esta actitude do presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, que non cumpre co decreto que regula os servizos sociais e que desenvolve a lei aprobada en época do bipartito na Xunta de Galicia. Desta forma, os socialistas e nacionalistas na Deputación incumpren coas súas competencias e non dan resposta as necesidades dos lucenses.

O Grupo Provincial do Partido Popular presentou unha reclamación aos orzamentos do 2013 dado a insuficiencia de crédito consignada na partida de acción social. Unha alegacións que, segundo informan os populares, foron desatendidas e rexeitadas e probablemente nin valoradas en profundidade. Os populares tachan esta actitude de “inadmisible sabendo que pola vía do consenso e do traballo conxunto poderiamos cumprir a normativa e satisfacer as necesidades dos lucenses”.

Unha vez máis, o Grupo Provincial do Partido Popular vese na obriga de denunciar a pouca colaboración de Gómez Besteiro cos concellos da provincia; así como a pouca preocupación por garantir os servizos sociais e dar resolución as demandas dos lucenses.

Exit mobile version