Site icon Crónica3.com A Mariña

O Padel Ego sofre, pero consegue a vitoria

O equipo mariñán de segunda categoría desprazouse esta fin de semana a Ferrol para enfrontarse ao CP Narón e conseguir así unha nova vitoria para asentarse na categoría.

Os xogadores do Ego renderon a gran nivel e conseguiron a cuarta Vitoria consecutiva por un axustado 2 a 3. Os puntos para os visitantes conseguíronos as parellas formadas por: Pachi/Cora, Fran/Pakito e Marcos/Buckles.

Esta vitoria sérvelle ao Padel Viveiro – Hotel Ego para seguir segundo na táboa clasificatoria, posto que da opción a promocionar á primeira categoría.

5ª categoría

Pola contra, o conxunto de quinta categoría perdeu e cae ata o último posto da táboa.

O Padel Ego B enfrontouse na casa ao poderoso Sporting Club Casino da Coruña e perdeu por un axustado 2 a 3, mostrando que pese á súa inexperiencia están dando a cara na categoría. As vitorias locais foron conseguidas por Diego Arca/Miguel Rivera e Mario Mateos /Jose Varela.

Esta derrota fai que os locais baixen do terceiro posto ao último da táboa, situación momentánea que se tratará de reverter a vindeira fin de semana.

Próximos encontros
O vindeiro domingo en Viveiro respirarase un gran ambiente de padel, xa que os dous equipos xogan como locais. Na 2ª categoría o Padel Ego enfróntase ao CSC Vipecon para afianzarse na parte alta da táboa. E na 5ª categoría o Padel Ego B enfrontarase ao CT Fontes do Sar para intentar escalar posicións na táboa. Tódolos encontros comezarán ás once da mañá.

Exit mobile version