Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo denuncia o abandono do que “semella ser” unha área recreativa no polígono industrial da localidade

area recreativa polígono ribadeoLópez Penabad pregúntase tanto pola funcionalidade dos catro bancos e papeleiras ubicados nun terreo dificultoso para camiñar como polo pésimo e lamentable mantemento que está a realizar o Concello nesta localización

O aspecto palpable de deterioro desta área recreativa é un froito máis da mala xestión do goberno local polo que o presidente popular pide a asunción de competencias e a adecuado coidado de áreas públicas

Ribadeo, 6 de marzo de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, denuncia o “estado de abandono” do que “semella ser” unha área recreativa nas inmediacións do polígono industrial da localidade.

O dirixente da formación popular en Ribadeo pregúntase en primeiro lugar pola funcionalidade real dos “catro bancos e papeleiras” ubicados nun terreo dificultoso para camiñar, con herbas de importante tamaño en torno aos bancos e localizados en torno ao polígono industrial.

Ademais de manifestarse crítico coa ubicación da área recreativa, xa que se pregunta quen pode facer uso dela se non son os traballadores do parque industrial; o popular denuncia o pésimo e lamentable mantemento que está a realizar o concello neste localización. López Penabad chega a asegurar que para camiñar pola zona é necesario o uso de “botas de goma” dado a situación e características do terreo.

O presidente do PP na localidade explica que o aspecto palpable de deterioro da área recreativa é un froito máis da mala xestión do goberno local, polo que López Penabad esíxelle de novo ao alcalde de Ribadeo que asuma as súas competencias e polo tanto o adecuado coidado das áreas recreativas públicas.

Exit mobile version