Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro esixe ó goberno municipal que solucione problemas medioambientais e de suciedade debidas a unha obra paralizada no barrio do Pedregal, en Covas

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO PP de Viveiro faise eco, unha vez máis, das demandas dos veciños do barrio do Pedregal, así como da Rúa Emilio Bouza Basanta da parroquia de San Xoán de Covas sobre a situación que viven como consecuencia da maleza, ratas e residuos de diversa índole cerca dos contedores do lixo ou das fincas próximas, do que o alcalde ten testemuño por parte dos veciños do barrio e a rúa en cuestión. O rexedor é coñecedor, polo tanto, da situación e da situación actual da obra da empresa Os Molineros que está paralizada dende fai tempo e en cuxo recinto hai augas estancas que inunda no baleirado previo a unha construción con mal olor e plaga de mosquitos que parecen desprenderse desas augas.

O grupo popular xa realizou un rogo á alcaldía no pleno do 25 de maio do 2009 sobre esta mesma situación que co paso do tempo evidencia a deixadez e o abandono do goberno local, que lonxe de plantexar unha solución ás demandas veciñais e requirir a quen incorre en irregularidades trata de eludir as súas responsabilidades segundo os propios veciños, afirma o popular Celestino García.

O PP de Viveiro quere facer fincapé na falta de medidas de seguridade no peche desta obra motivada polo cese de actividade, xa que dito peche cremos que non reúne a seguridade suficiente para evitar riscos innecesarios.

Por todo isto, os populares solicitan do goberno local que tome as medidas medioambientais e de seguridade e que subsane canto antes a situación como demandan os veciños do barrio do Pedregal e a rúa Emilio Bouza da parroquia de San Xoán de Covas.

Exit mobile version