Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro non se sorprende polos “erros e as condenas xudiciais” do Concello

Os populares vivairenses manifestan que non hai mes nin semana que non apareza unha sentenza condenatoria ó Concello de Viveiro, cando non é con particulares é coas administracións e senón co propio persoal municipal.

O PP de Viveiro recalca que as actitudes “prepotentes” e a falta de diálogo por parte do alcalde, Melchor Roel, obrigan a administracións, particulares, entidades, empresas e persoal municipal a manter un continuo “trasiego” xudicial, que o único que “acarrea” son gastos, enfrontamentos inútiles e desconfianza das institucións.

Ademais, os populares xa denunciaron e advertiron en multitude de ocasións a “deriva xudicial” na que Roel, segundo sinalan, ten inmerso ó Concello, abocándoo a unha situación “insostible” tanto no económico como no institucional.

Continúa o PP vivairense relatando que son máis de 200 os contenciosos e litixios que ten o concello na actualidade, litixios que practicamente na súa totalidade son condenatorios para o concello e que a pesar de saber de antemán que se van a perder, pois nalgún caso, o concello nin sequera se persoa, se segue insistindo nesa vía en lugar de tratar de buscar solucións negociadas que eviten ese constante calvario, sobre todo para os administrados.

O Partido Popular de Viveiro, expresou en moitas ocasións a súa preocupación ante o deterioro que están sufrindo as relacións da alcaldía coa Policía Local. Esta situación, que din, non é puntual, repercute moi negativamente nos servizos deste corpo, pagando as consecuencias os cidadáns que a pesar de ingresar “relixiosamente os seus impostos” ven con “inquietude como os servizos que presta a Policía Local van mermando cada vez máis”.

Por último, destacan que esta situación non é algo que invente o PP pois as numerosas sentenzas que veñen producindo avalan as súas aseveracións. Unha das últimas sentenzas de data 27 de febreiro de 2013, do TSXG, anula a RPT no concernente á Policía Local, cualificando o Tribunal de “flagrante incumplimiento…” e de “omisión de datos en el expediente remitido…”, anulando a RPT e condenando ó concello.

En otra sentencia en esta ocasión del Juzgado nº 1 de lo Contencioso de Lugo, de fecha 20 de diciembre de 2012, también relativo a la Policía Local, le da nuevamente otro varapalo al Sr. Roel, reconociéndoles unas retribuciones complementarias, que éste les había negado a pesar de tener derecho a las mismas según reconoce este juzgado.

La realidad es muy tozuda y quien se dedica a descalificar continuamente las actuaciones de los demás, calificándolas de ilegales, se está demostrando y no con palabras sino con sentencias, que quien realmente está encaramado en la ilegalidad es precisamente quien, por su cargo, debería de velar por la legalidad y no malgastar en juicios los pocos recursos municipales.

Exit mobile version