Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz insta ao alcalde a “poñerse mans á obra” na limpeza e acondicionamento do concello tendo en conta a proximidade da Semana Santa

Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz, somos conscientes da relevancia do sector turístico para a economía do noso Concello, polo que, en vista da proximidade da Semana Santa, queremos instar ao Alcalde e ao Equipo de goberno focense a poñerse mans á obra na limpeza e acondicionamento das nosas praias, áreas recreativas, paseos marítimos, paseo de Malates, miradores, coma o do Pico da Lebre e o da Frouxeira, e do noso concello en xeral.

Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista de Foz, neste senso, aproveitamos para recordarlle ao Sr. Castiñeira que velar polo interese turístico do concello consiste en algo máis que viaxar a Fitur unha vez ao ano, e, con dito fin, o instamos a poñerse mans á obra na limpeza e acondicionamento do noso municipio, tendo en conta a proximidade das datas da Semana Santa.

Exit mobile version