Site icon Crónica3.com A Mariña

O Viveiro FSF imponse por 3 a 2 ao Cidade de Lugo na Liga Provincial Feminina

Traballada e importante vitoria do Viveiro diante dun dos equipos que viña a Viveiro con opcións de pelexar polo título de liga, pero que se atopou cun Viveiro que segue nunha liña ascendente de xogo e resultados, o que da as súas xogadoras un plus de confianza que fan que crean nas súas posiblidades e pelexen todos os partidos ata o final.

Na primeira parte o Cidade de Lugo víase incapaz de salir da presión das xogadoras do Viveiro, e cando o conseguía atopábase con Diandra que fixo un dos seus mellores partidos da tempada, sobre todo na segunda metada, cando mais apretaron as xogadoras capitalinas.

A primeira metade, de dominio local, rematou con empate a cero, debido, sobre todo, a falta de aceto diante a porta defendida por Sheila.

Na segunda metade o Viveiro saiu mais entonado, no aspecto finalizador, e primeiro María Balsa e logo Xiana, en escasos minutos, logran por o 2-0 no marcador, ante o desconcerto do rival, que non sabía como parar o xogo das viveirenses. Foi María Insua, que estreaba a súa faceta goleadora nesta tempada, que mediada a segunda metade colocou o 3-0.

Cando todo parecía de cara para que o Viveiro non sufrira en exceso no tramo final do partido, un último arreón das lucenses, con máis fortuna que xogo, puxeron o 3-2 no marcador; pero o Viveiro soubo sufrir e defender os tres puntos.

En resumo, importante vitoria, máis no terreo moral e de seguir medrando coma equipo, que no plano clasificatorio; xa que esta tempada a sorte non estaba acompañando nos minutos finais dos partidos, onde se foron un bon puñado de puntos, que, seguramente de seren sumados, terían ao equipo pelexando polas posicións cabeceiras da clasificación.

Viveiro: Diandra, Nerea, Rocio, Xiana, María Balsa. Tamén xogaron: Raquel, Andrea, María Insua.

Cidade de Lugo: Sheila, Carla, Silvia, Esther e Natalia. Tamén xogaron: Cristina e Carmen.

Goles: 1-0 María Balsa; 2-0 Xiana; 3-0 María Insua; 3-1 Esther; 3-2 Carmen.

Exit mobile version