
O CEIP Juan Rey de Lourenzá acolleu o obradoiro de baile moderno e hip hop. Oitenta e tres alumn@s de 6 a 12 anos participaron hoxe na primeira sesión do taller organizado pola Concellería de Educación. Esta actividades continuará en Semana Santa (dende o luns 25 ata o mércores 27 deste mes) e poderán participar aquelas persoas que o desexen entre os 6 e 24 anos. Os interesad@s deben anotarse na biblioteca pública municipal en horario de cinco a oito da tarde. O prazo de inscrición remata o xoves 21.