Site icon Crónica3.com A Mariña

Oito atletas do club de Ribadeo participaron na Media Marathon Vig-Bay

vig-bayO día 17 de marzo celebrouse a Media Marathon Vig-Bay, unha proba de atletismo en ruta que se disputa entre Vigo, Nigrán e Baiona cun percorrido de 21.097 metros homologada pola Real Federación Española de Atletismo, con saída na praia de Samil en Vigo e chegada en Baiona.
Na proba participaron 4.186 atletas, sendo pechadas as inscripcións antes do fin de prazo por chegar ós 4800 inscritos.
O Club Atletismo Ribadeo desprazou a oito atletas populares dos cales seis debutaron na distancia e na proba concluíndo con éxito a carreira.
Os resultados foron bos acadando cada un a meta que tiña para a popular Media Marathon.

Exit mobile version