Site icon Crónica3.com A Mariña

Os artesáns da Mariña únense para dar a coñecer o seu traballo a través de ‘Obradoiros con Alma’

artesánsObradoiros con Alma é un proxecto de colaboración ente os artesáns da zona da Mariña de Lugo. O seu propósito é difundir saberes locais coma a carpintería de ribeira, cerámica, encaixe de bolillos, alfarería tradicional, torneado de madeira, o oficio de ferreiro ou das redeiras, entre outros, mediante talleres e demostracións en vivo.

Os 13 artesáns que forman parte deste grupo deciden traballar xuntos para axudarse na promoción do seu traballo. Para iso convocan unha variada axenda común de actividades, talleres e demostracións en vivo. Os talleres arrancan formalmente esta Semana Santa con 14 actividades programadas e continuarán durante todos os sábados do ano. E naqueles oficios nos que non é posible facer un taller de iniciación realizaranse demostracións en vivo.

A programación de talleres estará dispoñible na súa páxina web www.obradoirosconalma.com e na páxina de facebook: https://www.facebook.com/pages/Obradoiros-con-Alma/426857244074025.

Así, o visitante que chegue á Mariña, en calquera época do ano, poderá encontrar cada sábado un taller aberto cunha demostración en vivo ou un taller participativo, levar unha peza feita por el mesmo e descubrir un oficio artesán.

Colaboración coa hostalería
Para potenciar a colaboración entre artesáns e a hostalería da zona, Obradoiros con Alma ofrece un desconto de 5 euros aos clientes que teñan unha reserva en algún dos hoteis que colabore con esta iniciativa. Poden participar todos os hoteis, pensións ou casas rurais da Mariña que o desexen, poñéndose en contacto co grupo de artesáns.

Programación para esta Semana Santa
Mércores 27 de marzo (11.30h) Taller de Cerámica para nenos, en Cervo.
Venres 29 de marzo (11.30h) Taller de Redes, en Burela.
Venres 29 de marzo (11.30h) Taller de Cerámica, en Cervo.
Venres 29 de marzo (11.30h) Taller de alfarería en Mondoñedo.
Venres 29 de marzo (11.30h) Taller de navallas en A Pontenova.
Venres 29 de marzo (11.30h) Demostración en vivo de carpintería da ribeira, en Cervo.
Venres 29 de marzo (11.30h) Demostración en vivo do oficio de torneiro de madeira, en Alfoz.
Venres 29 de marzo (11.30h) Taller de decoración con flor seca e materiais de reciclaxe, en Burela.
Sábado 30 de marzo (11.30h) Taller de cerámica, en Cervo.
Sábado 30 de marzo (11.30h) Taller de navallas, en A Pontenova.
Sábado 30 de marzo (11.30h) Demostración en vivo de carpintería da ribeira, en Cervo.
Sábado 30 de marzo (11.30h) Demostración en vivo do oficio de torneiro de madeira, en Alfoz.
Sábado 30 de marzo (11.30h) Taller de decoración con flor seca e materiais de reciclaxe, en Burela.
Sábado 30 de marzo (11.30h) Taller de cerámica, en Trabada.
Sábado 30 de marzo (16.00h) Taller de iniciación ao encaixe de bolillos.
Sábado 30 de marzo (11.30h) Taller de transferencias en arcilla polimérica, en Ribadeo.
Sábado 30 de marzo (11.30h) Taller de elaboración e cocción de pezas de cerámica mediante a técnica do Rakú, en Viveiro.

Exit mobile version