Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas temen que “os favores e o uso de cartos públicos para aproveitamento particular” están á orde do día no Concello de Burela

Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela queremos informar ós veciños e veciñas de Burela que segundo nos consta por un informe de Secretaría do Concello de Burela do 6 de febreiro, tíñamos razón na denuncia feita por esta Comisión Executiva o pasado 1 de febreiro da que fixemos unha nota de prensa para a súa publicidade.

A denuncia á que nos referimos viña derivada da actuación do concelleiro de Obras, Manuel Fernández, na que propoñía e votaba en Xunta de Goberno unha obra da que o propio cen cuestión saía beneficiado, obra referida ó Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial cun presuposto de 22.705,88 euros. Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela consideramos esta actuación como moi grave e despois de ter pedido explicacións e solicitar que ou ben Valle como infractor, ou ben Barcia como máximo responsable lle dera explicacións ós veciños e veciñas destas prácticas irregulares e pouco transparentes que a día de hoxe aínda non fixeron. Definitivamente, dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela entendemos que este equipo de “desgoberno” pensa que o Concello de Burela é o seu rancho e pensan que poden facer e desfacer segundo lles ven en gana.

Pola nosa parte poñemos a disposición de calquera veciño ou veciña toda a documentación sobre este turbio asunto, do que xa adiantamos que imos a seguir a investigar pois moito nos tememos que os favores e o uso de cartos públicos para aproveitamento particular son prácticas que están á orde do día no Concello de Burela por parte do Partido Popular, e neste asunto entendemos que aínda hai cousas por investigar que de confirmarse poderían supoñer cousas moi graves.

Exit mobile version