Site icon Crónica3.com A Mariña

Premios practicamente decididos da XXIV Tirada de Bolos de Xove

JOSE VIGO - bolosNunha tarde moi fría con 32 inscritos, a décimo sétima tirada de Bolos correspondente á Tirada de Morás, define posicións na clasificación do campionato.

Liga Senior Masculina.- Nesta categoría teñen premio e trofeo os 12 primeiros clasificados ao remate da temporada; pois ben, despois de 17 tiradas, só César Cancelos (5º) e Jose Vigo (6º) teñen asegurada a posición. O resto pode variar na última tirada que imos ter o vindeiro sábado en Sumoas.
Neste intre só tres xogadores poden optar a gañar esta edición, xa que Sócrates perdeu este tren despois dunha mala tirada, atopándose agora a máis de 13 puntos do líder, polo cal matematicamente xa non pode gañar, iso si, pode aspira inda ao terceiro posto, contando tamén cunhas remotísimas posibilidades de acceder ao subcampionato.
Dentro dos tres primeiros, Carlos Javier tirou pola borda practicamente tódalas súas posibilidades de vitoria final ao fallar na última tirada de Morás, cando tiña posibilidades de gañar ou facer o segundo posto, o que lle permitiría recortar puntos ao líder, pero non foi así, e agora a 11 puntos da cabeza e dificilísimo que poida superar a Arturo e a José Rafael na última tirada.
Polo tanto, serán con toda seguridade Arturo Vigo e José Rafael os que se disputen a vitoria final. A favor de Arturo a súa experiencia e o seu temple nos momentos de tensión; pero, Rafa xa demostrou ao longo da súa dilatada carreira que é capaz de superar momentos difíciles. Trátase dos dous xogadores con mellor palmarés no campionato: Arturo Vigo ten 12 campionatos, 3 subcampionatos e 1 terceiro posto. José Rafael ten 4 campionatos, 5 subcampionatos e 7 terceiros postos.
Para a mellor bolada do campionato están empatados Arturo Vigo e Jordi Meitín con 98 tantos, polo que seguramente terán que ir a un desempate en Sumoas.

Liga Senior Feminina.- O máis salientable deste fin de semana para esta Liga foi que Dolores Baño conseguiu adiantar a Concepción Piñeiro na clasificación e agora é terceira con 42 puntos, un máis que Concepción. Entre elas dúas vanse disputar esa terceira praza do podio. Nesta categoría teñen premio final e trofeo as cinco primeiras clasificadas; tamén para o quinto posto pelexan Salomé Bermúdez e Paula Campo, ambas con 20 puntos.
O mesmo que na categoría anterior, a mellor bolada téñena empatada Carmen Roca e Dolores Baño con 69 tantos.

Liga Sub 16.- Todo decidido na Liga Sub 16, xa que os cinco primeiros postos que dan opción a premio en metálico e trofeo xa están confirmados. Coa mellor bolada temos neste intre a Daniel López con 71 puntos, obtidos por certo esta pasada fin de semana en Morás. Tentar bater esta bolada vai ser o único aliciente nesta categoría na última tirada de Sumoas.

A vindeira tirada, e décimo oitava e última do Campionato, vai ter lugar no Centro Social de Sumoas o sábado 9 de marzo a partir das tres da tarde, rematando a xornada coa entrega de premios e trofeos.

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE MORÁS    ( 2 MARZO  2013)

  32  INSCRITOS:   17  NA LIGA SENIOR,    7  NA LIGA SUB 18   E     8  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION             NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO JOSE VIGO LAGE

290

12

SEGUNDO JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ

250

10

TERCEIRO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

249

8

CUARTO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

239

7

QUINTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

238

6

SEXTO ARTURO VIGO CASABELLA

231

5

SÉTIMO JORDI MEITÍN SERANTES

228

4

OITAVO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

217

3

NOVENO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA

216

2

DÉCIMO ADÁN RODRÍGUEZ ROCA

210

1

MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE

91

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

170

6

SEGUNDO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

166

4

TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

142

3

CUARTO HUGO PÉREZ MEITÍN

72

2

QUINTO LARA RODRÍGUEZ BAÑO

57

1

MELLOR BOLADA DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

71

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL

209

6

SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO

144

4

TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA

124

3

CUARTO PAULA CAMPO SUÁREZ

98

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

90

1

MELLOR BOLADA CAREMEN ROCA CORRAL

59

1

Exit mobile version