Site icon Crónica3.com A Mariña

Radiando igualdade en Ribadeo

radiando igualdade 007Este venres 8 de marzo arrincou no colexio Sagrado Corazón de Ribadeo o concurso de guións radiofónicos Radiando igualdade, organizado pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres. O obxectivo é “enfatizar nas diferentes formas de comunicación, rachando un pouco coa eira dixital e visibilizando as virtudes que ten a radio, coma ferramenta para difundir información, para crear opinión e para entreter”, segundo explican desde o CIM. A súa responsable, Luisa González, e a xornalista Carmen Cruzado expuxéronlles aos rapaces en qué consiste o concurso e achegáronos ao mundo da radio. Entre os grupos participantes elexiránse dous traballos, coma os mellores guións radiofónicos que incidan na igualdade entre homes e mulleres. O premio para os gañadores será unha visita a unha emisora de radio e a grabación e posterior emisión do seu programa. Radiando igualdade desenvolverase ao longo das vindeiras semanas cos alumnos de 1º e 2º de ESO do colexio Sagrado Corazón.

Exit mobile version