Site icon Crónica3.com A Mariña

Reparto de puntos entre as laranxas e as madrileñas

O Burela FS Pescados Rubén volverá esta noite con reparto de puntos das terras madrileñas. Ás pupilas de Javier Pardeiro escapáronselles dous prezados puntos na casa do Móstoles FSF tras manter a vantaxe de 0-1 ata a recta final dun encontro moi intenso que finalizou con 1-1 a pesar das numerosas ocasións de gol. Con certo sabor amargo, o cadro laranza durmirá hoxe como líder con 49 puntos e coa incógnita ata o domingo do que deparará a 22ª xornada no podio, co enfrentamiento entre o terceiro, Ciudad de Alcorcón (43) e o colíder, Atlético de Madrid Navalcarnero (48), a partir das 13.00 horas.

A presión decidida do Burela FS facilitoulles ás laranxas as primeiras oportunidades a media distancia, de Lucía e Dolo. Tralo remate ao pau de Lidia chegou o gol das mariñás, no minuto 13, ao aproveitar Dany un servizo da propia ferrolá dende a banda esquerda dentro da área. Preto do descanso, Lidia volveu a ter nos seus pés o 0-2 tralo roubo de balón nun man a man que salvou Belén. As locais solicitaron tempo a 18 segundos de soar a bocina sen variación no electrónico.

No segundo período, as primeiras ocasións claras firmounas Peque, nun remate contra o pau, e Eva Manguán nunha volea que se marchaba alto. As laranxas volvían ao ataque sen tregua sobre a meta rival sobre o minuto 26, con potente disparo de Lucía e remate dentro da área de Dany. Rondando o 30, o xogo de cinco saltou á pista para as de Móstoles, con idas e voltas de Patri Chamorro; con porteira xogadora chegou a igualada das locais, con gol de Celia ao segundo pau a pase de Chamorro dende o lado contrario. Tralo tempo morto solicitado por Pardeiro, as mariñás apostaron pola mesma estratexia para facerse de novo co control do luminoso; con Dolo como estandarte o encontro adquiriu un ritmo frenético, aínda que sendas porterías se mantiveron imperturbables.

Móstoles: Belén; Patri Chamorro, Eva Manguán, Inma e Rocío (quinteto inicial). Tamén xogaron, María Otero, Rocío Toledano, Anita Duque e Celia.

Burela FS Pescados Rubén: Jozi; Dolo, Peque, Lucía Nespereira e Maite (quinteto inicial). Tamén xogaron, Lidia, Dany e Haydée.

Amonestaron con cartulina amarela a Lucía Nespereira no Burela e a Rocío Sevilla no Móstoles.

Goles: 0-1, min. 13 Dany, 1-1, min. 37 Celia

Exit mobile version