Ribadeo ten moito que celebrar, e tamén que reivindicar, segundo manifestan dende o departamento de Cultura, este venres 8 de marzo. Por unha banda, inauguraranse as rúas con nomes de mulleres como Manuel Barreiro, Sor Pilar de León, Meniñas da Saudade e Praza 8 de marzo a partir das sete da tarde con motivo do Día da Muller Traballadora. Irimia Cantareiras ofrecerán unha actuación no teatro a partir das oito e media. Así mesmo, conmemoran os 10 anos da Galipedia e desenvolverase “Chapuzas a domicilio”.