Site icon Crónica3.com A Mariña

Segunda Ruta das Mareas en Barreiros

O obxectivo, segundo José Manuel Gómez, é “coñecer as praias barreirenses, facer deporte e fomentar a realización de actividades en grupo”.

Barreiros, 26 de marzo de 2013. O vindeiro sábado, 30 de marzo, terá lugar en Barreiros a segunda Ruta das Mareas que organiza a Concellería de Medio Ambiente.

Segundo explica o edil José Manuel Gómez Puente “trátase de facer un percorrido a pé polas praias do noso concello desde Anguieira ata Arealonga, ollando e recoñecendo os areais, penas, fontes, regatos e outros accidentes xeográficos”. O concelleiro de Medio Ambiente engade que “pretendemos facer tamén deporte e fomentar a realización de actividades en grupo”.

Os interesados en participar poden anotarse ata o vindeiro venres pola tarde no seguinte número de teléfono: 618 75 25 60.

A segunda Ruta das Mareas sairá ás 10 da mañá do embarcadoiro de Anguieira e chegará á praia de Arealonga ás 13:00 horas. Ao remate haberá pinchos para os participantes.

Exit mobile version