O Seminario de Estudos do Valadouro organiza o primeiro Festival de Curtas de Alfoz. Así, a Casa da Cultura de Alfoz acollerá a partir das oito do serán deste sábado 9 de marzo de 2013 a proxección de varias obras audiovisuais relacionados con directores e produtores de Mondoñedo: “Houston” de Jorge Saavedra, “Sin plomo” de Jorge Saavedra, “Pantin Classic” de Miguel García, “X Nada” de Toni Veiga e “Lugnasad, unha noite máxica” de Miguel García. O Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, participará no acto e fará entrega dun obsequio conmemorativo ao director e produtor mindoniense Miguel García.