Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais de Cervo abre o prazo de inscrición para o XXX Día do Xubilado e os campionatos de tute e parchís

Cervo, 20 de marzo de 2013-A Concellería de Servizos Sociais informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse nos actos do Día do Xubilado que este ano acada a súa edición número 30 e que se celebra o 1 de maio. Para poder participar é necesario ser pensionista por conceptos de xubilación, invalidez ou viuvez, estar empadroado no Concello de Cervo e poder valerse por si mesmo.

Para formalizar a inscrición é necesario acompañar a solicitude dunha fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe, se é o caso, e a fotocopia da cartilla de pensionista do solicitante. Unha documentación que se deberá entregar na Casa do Concello ou na Casa da Cultura. O prazo pecharase o 20 de abril.

Ao mesmo tempo, tamén permanece aberto o período de inscrición para os campionatos de Tute e Parchís que se desenvolverán ao longo do mes de abril. Neste caso o período para apuntarse pecharase o 27 de marzo.

A edil de Servizos Socias, Pilar Armada, convida a todas as persoas que reúnen os requisitos a que “se anoten e participen nun día que é concibido como unha homenaxe e unha festa para todos os xubilados do concello e que todos os anos preparamos con moito agarimo co desexo de que lembren esta xornada para convivir e compartir”.

Exit mobile version