Site icon Crónica3.com A Mariña

Todo preparado para a celebración da décima Ruta das Tapas de Foz

Un xurado profesional elixirá as tres mellores tapas desta Ruta organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz.

Foz, 28 de marzo de 2013. A décima edición da Ruta das Tapas terá lugar en Foz os días 29 e 30 de marzo, mañá e pasado mañá. O evento está organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e conta coa colaboración, entre outros, do Concello e da Deputación de Lugo.

Serán 22 os bares, mesóns e restaurantes, que durante dous días ofrecerán auténticas exquisiteces da cociña en miniatura ao prezo dun 1 euro a tapa. Os locais participantes e as súas propostas, dúas por establecemento, son estas:
A Funcional: pementos estilo Funcional e ensalada puerto de Foz; A Maseira: café irlandés de gambas e tapa isla perdida; A Rula: brocheta de pulpo e langostino e gambas con gulas; O Chícaro: habemus pulpo e terra e mar; Oiche: chipiróns agulados e troita tipo pescador de Burgos; Dallas: Saquiños de pito e crujiente de langostino; Express: Express con sentimento e Pancho I; Happy Days: delicia Happy Days e mar aberto; Anduriña: bacalao confitado con laranxa bañado con vinagreta de mel e froitos secos e chupito de crema de setas con crujiente de beicon; Xoyma: tapa galega e bacalao Bergoglio; Casa da Roxa: a melosa e mondaka do Santo; Fraggle Rock: pataca Justin e hamburguesa al curri; Leytón: sabor a canela; O Tangarte: serenata de bacalao e pecado de semana santa; O Pelolo: tartar de tomate con allo blanco e langostino e albóndigas de pescada ao viño blanco; Xoiña (pizzería): sen carne e sen peixe; Costumes do Mar: empanadillas porteñas e cazoliña de chipiróns; Dandy: bacalao saltinbanqui e chupa-chups de pito ao julandrón; O Lar: tapa tradicional e tapa creativa; O Mar: bocadiño de marisco e creps sorpresa O Mar; O Tangarte Mariñeiro: os sobres de Bárcenas e pastel de Urdangarín; e Portochico: tosta de salmón marinado en Portochico e cachopiño ao estilo asturiano.

O horario no que servirán as tapas será de 13 a 15 horas polas mañás e de 20 a 23 horas polas noites. Un xurado profesional elixirá as tres mellores tapas. Os premios aos gañadores entregaranse na cea do 25 aniversario de ACIA Foz que terá lugar o 25 de abril. Ao día seguinte, o 26, terá lugar tamén o sorteo da ruta dos viños que rematou a pasada fin de semana.

O mes de abril iniciarase cos preparativos do que será a celebración do 25 aniversario da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz.

Exit mobile version