Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do IES Perdouro acadan o 1º premio do V Concurso de Robótica

redimensionado-perdouro-roboticaO alumnado do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións -titorado pola súa profesora Marga López- participou na Coruña o día 25 de febreiro no V Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, organizado pola Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), en colaboración coa Fundación Barrié.

Con esta actividade preténdese achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa “maxia” para promover a cultura científica na nosa sociedade galega.

O obxectivo deste obradoiro “A maxia da robótica” é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO, de maneira sinxela e divertida en tan só unha hora. A fase de preparación previa dura tamén outra hora e nela apréndense a linguaxe da robótica e o manexo dos robots.

O primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi para o equipo formado por Raúl González Moirón, Sony Monteiro Lopes da Silva e Francisco Javier Díaz Soto, alumnos do Ciclo Medio de Instalación de Telecomunicacións no IES Perdouro de Burela.

Categoría Secundaria Obrigatoria:

1º premio : IES Francisco Asorey – 57 puntos
2º premio: empates de 50 puntos: IES A Cachada, IES de Tomiño (3), IES Canido

Categoría BAC e Ciclos:

1º premio: IES Perdouro de Burela – 54 puntos
2º premio : IES Pontepedriña – 50 puntos
3º premio: IES Sofía Casanova – 46 puntos – empatado co IES de Sabón de Arteixo

Exit mobile version