Site icon Crónica3.com A Mariña

Tropezo do Burela FS B en Ventorrillo

O Burela FS B Pescados Rubén non tivo a súa tarde máis acertada o sábado; caeu na pista do Ventorrillo FS por 9-3, resultado moi condicionado pola falta de definición laranxa e a veteranía dos locais.

Con equilibrio sobre a pista durante a primeira parte, a falta de acerto dos mariñáns xa se deixou notar desencadeando na vantaxe para o Ventorrillo, con 3-1 xa ao descanso.

Ao regreso o Burela FS B dominou e gozou das mellores ocasións; así nos primeiros minutos puido reducir distancias (3-2). Despois de desaproveitar dous goles cantados a porta baleira e cando todas as sensacións indicaban que os de Lucas podían darlle a volta ao luminoso, chegou o 4-2, en contragolpe. Lonxe de resignarse, o cadro laranxa seguiu creando perigo ante a portería do Ventorrillo, que subiu o 5-2 noutra contra. O Burela FS B reaccionou con porteiro xogador, unha decisión coa que non conseguiron sorprender a meta rival e a perda de balóns lles custou o definitivo 9-3.

Ficha técnica

Ventorrillo FS: Alexandre, Edu, Javi Alvéndiz, Borja e Pablo. Tamén xogaron Alberto, Xoel, Alan, Sergio, Raúl, Adrián e Rouco.
Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Antón e Keko. Tamén xogaron Carlos, Manuel, Souka e Hélder.
Goles: Polo equipo local Edu (2), Sergio, Pablo, Borja, Alan (2) e Adrián. Polo Burela FS B Manuel (2), Souka 1 e Bruno de Nois (1) en propia porta.
Árbitros: González Lubián e Otero Baltasar.

Resultados de base

Liga Nacional Xuvenil

Burela FS 3-5 Hércules FS

Liga Autonómica Cadete

Burela FS 6-3 Hércules FS

Liga Autonómica Infantil

ED EON Burela FS 2-7 ACD Lumieira

Deporte Escolar

Burela FS Cadete 3-3 O Pilar Cadete

ED EOn Burela FS Inantil A 3-2 EDM Riotorto Infantil

Ribadeo FS Infantil 2-1 ED EON Burela FS Infantil B

ED EON Burela FS Alevín A 7-1 Celeiro Xove Alevín

EDM Mondoñedo Alevín 3-3 ED EON Burela FS Alevín B

ED EON Burela FS Benxamín 13-2 Celeiro Xove Benxamín

Exit mobile version