Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha de cal e outra de area para o Padel Ego

O club de Padel Ego recibiu este domingo a un duro rival co que medir as súas aspiracións na segunda categoría. Os mariñáns xogaron contra o CSC Vipecon nun enfrontamento no que se puido ver un gran padel e onde os xogadores locais saíron coa súa gañando por un contundente 4 a 1.

Os irmáns Gradaílle, Pachi /Marcos, Cora/Carri e Venancio/ Ángel Juárez conseguiron as vitorias locais. Suso e Diego Rey non conseguiron gañar, pero desenvolveron un partido espectacular contra o dominicano Ariel Arístides Canario.

Con esta vitoria os mariñáns acomódanse no 2º lugar do grupo mantendo intactas as súas opcións para disputar a promoción de ascenso.

5ª CATEGORÍA
En 5ª Categoría o equipo mariñán non puido derrotar ao CT Fontes do Sar, cheo de ex-xogadores do squash Santiago de 1ª categoría.

Os xogadores locais mereceron unha eliminatoria que se puxo moi de cara ó gañar os dous primeiros partidos por mediación das parellas formadas por Miguel Rivera/Dablanca e Álex Arca / José Varela. Con este 2-0 entraron en liza as “estrelas” do equipo visitante que tiveron que facer uso dos eu mellor padel para poder darlle a volta á eliminatoria.

Así, ó final os mariñáns quedaron cun 2-3 que non lles permite abandonar a última praza do grupo.

PROXIMOS ENFRONTAMENTOS
O vindeiro sábado 15, os xogadores mariñáns desprazaranse á Coruña e Ferrol respectivamente. O Padel Ego enfrontarase a PadelPlus para seguir aupado ás posicións de ascenso, e o Padel Ego B tratará de gañar en Ferrol ante o School Padel para abandonar a última praza do grupo.

Exit mobile version