Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz presenta unha moción para solicitar a Augas de Galicia que asuma a explotación da Edar

Que o 14 de marzo do presente ano, o Sr Presidente da Xunta, facía público que o novo decreto de Augas de Galicia en materia de explotación de infraestruturas hidráulicas, garante a máxima colaboración entre o Goberno galego e os concellos.

Segundo se aprobou no Consello da Xunta de este día 14 de marzo, regula entre outras cousas que a Xunta asuma a explotación de depuradoras cando os concellos así o soliciten.

Tendo en conta os problemas de funcionamento da Edar, e as consecuencias que iso supón para os veciños, para o medio natural, e as consecuencias que tamén podía ter para o propio Concello con posibles sancións por parte de quen deseñou, contratou e deu a súa aprobación.

O grupo municipal de Unifoz, presenta a seguinte moción e solicita do Pleno da Corporación Municipal a aprobación do seguinte ACORDO:

Solicitude a Xunta de Galicia , Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia que en base ao exposto asuma a explotación da Edar de Foz.

Exit mobile version