Site icon Crónica3.com A Mariña

Vicepresidencia destina máis de 1,3 millóns de euros a blindar a teleasistencia domiciliaria para os vindeiros 4 anos

veiga-teleasistenciaO servizo será cofinanciado ao 50 por centro entre a institución provincial e os concellos trala negativa do Estado central e a Xunta de Galiza de garantir a súa continuidade

Antonio Veiga asegura que se trata “dun dos contratos máis importantes da historia da Deputación en materia de política social”

Lugo, 1 de marzo 2013. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou, na reunión desta mañá, a contratación do servizo de Teleasistencia Domiciliaria, o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán a licitación do citado contrato e o procedemento de adxudicación, que será aberto para a elección da oferta máis vantaxosa. Así o anunciou, durante a rolda de prensa posterior, o vicepresidente da institución provincial e delegado de Benestar Social, Antonio Veiga, quen explicou que o custe total do contrato ascende a 1.343.000 euros ao adxudicarse o servizo por catro anos.

Deste xeito queda garantida a prestación do servizo de Teleasistencia Domiciliaria para os vindeiros anos despois de que o Goberno do Estado suprimise dos Orzamentos Xerais a partida que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade dedicaba, a través do IMSERSO, ao seu cofinanciamento e de que a Xunta de Galiza non se mostrase disposta a asumir a porcentaxe que aportaba o Executivo central.

“Trátase –asegurou Veiga- dun dos contratos máis importantes da historia da Deputación lucense en materia de política social, tanto pola súa repercusión económica como polos recoñecidos beneficios que reporta a centos de lucenses. O servizo de Teleasistencia Domiciliaria contratarase para os vindeiros 4 anos cun custo anual de 335.880 euros que será cofinanciado ao 50 por cento entre a Deputación e os concellos que se sumaron ao convenio de colaboración proposto pola Vicepresidencia e que foron todos agás un”. A este respecto, o responsábel da área de Benestar Social puntualizou que “o custo da Telesasistencia Domiciliaria para cada concello variará en función do seu número de beneficiarios”.

Exit mobile version