
Ao longo desta semana o taller de Perrucaría do IES Perdouro de Burela recibiu a visita da Fundación “Eu Son”. Foron un total de 31 rapazas e rapaces os que puideron realizar diversas tarefas entorno a imaxe persoal dende hixiene capilar, peiteados ata manicura, todo iso baixo a supervisión das alumnas e alumnos de 2º do Ciclo Medio de Perrucaría. Begoña Rodríguez, xefa do Departamento de Imaxe e coordinadora das xornadas, sinala que desfrutaron moito con estas tarefas e agarda poder contar con repetir a experiencia un ano máis.