Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove constitúe a Comisión de Atención ás Vítimas de Violencia de Xénero

COMISIÓN ATENCIÓN VÍTIMAS VIOLENCIA DE XÉNERO (2)Este martes 5 de marzo foi constituída a Comisión para a Mellora da Atención ás Vítimas da Violencia de Xénero do Concello de Xove.

A Comisión estará integrada polos seguintes representantes: concelleira de Sanidade, Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade do Concello de Xove; responsable do Posto da Garda Civil de Xove; responsable da Unidade contra a Violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno en Lugo; representante do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove; representante da Unidade de Educación Familiar do Concello de Xove; representante do centro de Saúde de Xove; representante do IES “Illa de Sarón” de Xove e representante do CEIP “Pedro Caselles” de Xove.

O obxectivo fundamental desta comisión será mellorar a atención, a través da coordinación entre as institucións, e conseguir a súa adaptación ás necesidades reais das mulleres vítimas de violencia.

Exit mobile version