Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación MariñaPatrimonio organiza para o sábado 20 de abril un roteiro arqueolóxico pola comarca da Terra Chá

Útil lítico do río Covo (Cervo)  Paleolítico Inferior 300.000 anos de antigüidade. Depositado no Museo Arqueolóxico de VilalbaA asociación Mariñapatrimonio lémbralles a todas aquelas persoas interesadas en participar no roteiro arqueolóxico polas terras de Vilalba, que segue aberto o prazo para apuntárense en dita actividade.

Na realización deste roteiro cultural a asociación conta coa colaboración inestimable do Museo Arqueolóxico de Vilalba e en particular do seu director Eduardo Ramil, que guiará a visita á Roza das Modias, a Pedra Chatada e o acubillo de Pena Grande, entre outros.

Esta actividade inclúe a visita guiada ao Museo Arqueolóxico, onde o seu director falará sobre o Paleolítico na Mariña ao tempo que se poderán ver e tocar pezas procedentes da nosa comarca depositadas no Museo: útiles paleolíticos de Louselas (Ribadeo) e de Río Covo (Cervo). Eduardo Ramil fará unha demostración da fabricación destes útiles líticos e os participantes que o desexen poderán participar tamén na súa elaboración.

Para repoñer forzas, xantarase no restaurante Terra Chá de Vilalba e o desprazamento dende a Mariña realizarase en autobús.

Lembramos que o prezo da actividade, que inclúe a comida e o autobús, será de 25 euros. Os nenos, estudantes e desempregados pagarán 20 euros.

As persoas interesadas en participar neste roteiro teñen de prazo até o 15 de abril chamando aos telefonos 654173637 / 616815120.

Exit mobile version