Site icon Crónica3.com A Mariña

A Biblioteca de Burela convoca dous certames para escolares con motivo do Día das Letras Galegas

Burela, 2 de abril de 2013. A biblioteca pública municipal convoca con motivo da celebración do día das Letras Galegas dous certames destinados aos escolares do Burela, segundo informa hoxe a Concellería de Cultura.

A toda máquina é o título da temática para os dous certames: narración e debuxo. A edil Mónica Pedre explica que “as narracións terán unha extensión máxima dun folio por unha cara e serán en galego. E os debuxos estarán feitos en cartulina cun tamaño aproximado a Din A 4. Cada neno poderá presentar os traballos que desexe, acompañado cada un deles dos seus datos persoais”.

En total establécense tres categoría: A (ata 8 anos), B ( de 9 a 11 anos) e C (de 12 a 16 anos).

O prazo de presentación dos traballos na Biblioteca Pública rematará o 9 de maio. Os premiados nesta fase participarán nunha segunda a nivel provincial, convocada pola Biblioteca Provincial. O fallo do xurado local farase antes do 17 de maio.

A concelleira de Cultura anima “aos nenos e nenas de Burela a participar nestes certames”.

Exit mobile version