Site icon Crónica3.com A Mariña

A Biblioteca saíra á rúa o próximo martes para celebrar o Día do Libro en Cervo

Cervo, 19 de abril de 2013-A Concellería de Cultura que dirixe Begoña Alonso celebrará o Día do Libro, fixado para o 23 de abril, trasladando a Biblioteca Municipal ao exterior, de forma que a praza dos Campos se converterá nunha Biblioteca ao aire libre. Deste xeito, preténdese achegar á cidadanía e facer visible este servizo público que na actualidade préstase nas bibliotecas de Cervo e San Cibrao.

“Esta es una forma llamativa y vistosa de animar a los vecinos a acudir a la biblioteca y de recordarles que pueden acudir a ella para múltiples tareas, como leer la prensa, consultar libros, llevarlos a casa en préstamo o navegar por Internet” explica Alonso.

En canto ás actividades e servizos previstos nesta xornada de Biblioteca na rúa, a Concellería de Cultura ofrecerá unha ampla variedade de libros infantís, xuvenís e para adultos para consultar, habilitará zonas de lectura, ofrecerá a posibilidade de facerse socio ou de recoller libros en préstamo. Ao mesmo tempo poranse en marcha obradoiros para os máis pequenos. A Biblioteca ao aire libre abrirase de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30 horas.

Ademais, o Concello tamén pretende fomentar a lectura en xeral, máis alá da utilización e aproveitamento dos recursos da Biblioteca. Por iso, xunto a esta iniciativa, as librerías de San Ciprián porán á venda libros en oferta e a prezos especiais para cumprir con ese obxectivo máis amplo de “potenciar la lectura como una actividad enriquecedora a todos los niveles”.

Deste xeito, “hemos pensado un programa completo de actividades en las que el fin último es recordar la importancia de leer, ya sea en la Biblioteca o en casa, a través de libros en préstamo o adquiridos en tiendas como una actividad dirigida a todas las edades, que mantiene activa la mente y que tiene múltiples ventajas en el desarrollo intelectual” remata Alonso.

Exit mobile version