Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira socialista López Villar critica ó edil de Obras de Burela por non dar explicacións e escudarse no alcalde

Con respecto a nota de prensa que sacou o Sr. Barcia sobre as reparacións que tiven que facer no meu piso por unha fuga de auga, demostra claramente que cando non se teñen argumentos para poder defenderse das críticas políticas. O que se pretende é desviar o tema, entrando no ámbito persoal, có único fin de desacreditar á persoa e confundir ós veciños e veciñas, esaxerando e desvirtuando a realidade. Polo que podemos observar é o modus operandi do PP de Burela.

Teño no meu poder un informe da compañía aseguradora que acredita que digo a verdade e poño esta documentación a disposición do que o necesite, aínda que é un informe privado e persoal, pon as datas, materias, e arranxo feito no que se demostra que non se fixo ningún tipo de obra senón unha reparación. Non sei se o Sr Barcia cando nos fala da obra faraónica que fixo esta concelleira ten algún papel que poida demostrar o que manifesta. ¿Acaso o Sr Barcia ten algún papel, denuncia, facturas ou contratos, que acrediten que non nos está a enganar unha vez máis?, ¿Ou é simplemente unha especulación co fin de desacreditar á Concelleira e desviar as denuncias que nós facemos apoiadas por documentación?. Gustaríame que nos amosara eses documentos, si é que os ten, senón perderá credibilidade entre os veciños e veciñas, que xa pouca lle queda.

Pero non nos desviemos, pois o tema que se trataba non era ese. A Comisión Executiva do PSOE pídelle en tres ocasións ó Concelleiro de Obras e Primeiro Tenente de Alcalde de Burela, Sr Valle, que nos de unha explicación das súas xestións. Xa que entendemos que o cargo algunha responsabilidade terá cara os veciños e veciñas de Burela, sen embargo el opta por calar a boca, e ten que ser o Sr Barcia quen saia a defendelo tentando tapar continuamente os erros e despropósitos do Sr Valle.

Recordemos a que nos referimos:

1º-Despois de case dous anos de goberno, na única obra que consegue o Concelleiro en cuestión, propón e vota na Xunta de Goberno, “que casualidade” que a citada obra pase por diante da súa vivenda particular. Igual pensa que por ser Concelleiro todos os veciños e veciñas de Burela temos a obriga de urbanizar gratuitamente as súas propiedades. Que llo explique ós propietarios da zona de Torrentes, os cales para urbanizar o seus terreos (con estradas e demais infraestruturas) tiveron que pagar o metro cadrado a prezo de ouro. ¿Non somos logo todos os veciños iguais?. A día de hoxe non deu explicacións

2º-Tamén se lle pediron explicacións no tema da proposta de multa á miña persoa por aparcar no aparcamento do Concello, cando chamou a un axente municipal para que me viñese multar sabendo que non había ningunha ordenanza que prohiba aparcar ós Concelleiros (todos por igual independentemente do partido que sexan), dentro do garaxe do Concello. Entendo que iso entre compañeiros non estibo ben, amosou a clase de persoa que é. Tampouco deu explicacións.

3º-Agora sabemos que o Concelleiro de Obras, Sr Valle, o que máis exemplo debe dar nesa área, ten a súa vivenda particular coa licenza caducada e incumpre a normativa publicitaria de urbanismo. A lei é ben clara nisto, despois de aprobarse a licenza ( haxa ou non prórrogas) esta ten unha validez de tres anos máximo para executar a obra. Ao Sr Valle concedéuselle a licenza o 09/02/2007. O Sr Valle segue a agocharse debaixo das faldas do Sr Barcia.

Non sei se o Sr Fernández Valle pertence a unha nova estirpe de políticos mudos, que convencen a poboación non coa súa oratoria, senón con unha foto con cara de tristura na prensa de cando en vez. Agora só lle queda o máis doado de facer que é cobrar a fin de mes. Dende logo o que si temos claro no PSOE é que non é un político traballador, tolerante, transparente nin democrático. Pero tamén entendemos que desprenderse de ese suculento pastel (tal e como o ten montado el) non é doado, aínda que sexa en prexuízo dos veciños e veciñas de Burela.
Remedios López Villar Comisión Executiva PSdG-PSOE

Concelleira do PSdG-PSOE Burela

Exit mobile version