Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de Educación de Burela programa cursos gratuítos de verán para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral

Burela, 25 de abril de 2013. A Concellería de Educación porá en marcha un programa de cursos gratuítos de mecanografía para nenos/as con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos. Será a partires do mes de xullo, “en época de vacacións para conciliar a vida laboral e a familiar e para que os nenos e as nenas adquiran destrezas nun campo bastante importante e necesario nestes momentos que estamos a vivir, nos que os ordenadores, tablets, etc, forman parte do noso día a día”, segundo explica a edil Mónica Pedre.

Os cursos impartiranse na aula CeMIT, “en grupos reducidos e os horarios aínda están por determinar”, engadiu a concelleira de Educación. Mañá venres, 26 de abril, repartiranse folletos informativos nos colexios de Burela informando desta actividade. Os interesados en obter máis datos sobre esta programación poden chamar á Casa da Xuventude ao teléfono: 982 58 11 41 ou ao Concello ao 982 58 60 00.

Exit mobile version