No mesmo abordáronse, entre outros, aspectos coma as normas para unha correcta manipulación de alimentos, cumprindo os requisitos necesarios para evitar toxiinfeccións alimentarias, e as formas máis comúns de contaminación de alimentos así coma as medidas preventivas necesarias para evitalas, cáles son as enfermidades máis comúns producidas polo consumo de alimentos en mal estado, cáles son as prácticas e normas de hixiene necesarias para conservar os alimentos en bo estado e coñecer as formas de hixiene do local e as dependencias onde se manipulan os alimentos. O curso foi impartido pola empresa Álvarez Real, asociada de ACISA, tralo convenio asinado fai meses coa Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
ACISA seguirá nos vindeiros meses co plan de formación iniciado fai algunhas semanas, “estamos preparando máis cursos, pero queremos coñecer as necesidades dos nosos asociados e asociadas nesta materia. Queremos escoitar as súas opinións e as súas propostas para programar a formación máis adecuada para todos eles”.