Site icon Crónica3.com A Mariña

A Feira de Abril chega a Foz organizada pola ACIA

Foz, 18 de abril de 2013. A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz organiza a Feira de abril gastronómica, evento que se vai desenvolver mañá, venres, e tamén o sábado, en 16 establecementos de hostalería focenses.

Os locais participantes nesta iniciativa de Acia Foz ofrecerán aos seus clientes unha ampla variedade de pinchos, tapas, aperitivos e racións elaborados con produtos típicos da gastronomía andaluza a prezos populares, “peixe frito e rebozado, gambas ou xamón, entre outras suxerencias”, explican desde Acia Foz.

Na Feira de abril gastronómica de Foz participan os seguintes establecementos: A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Express, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Hotel Restaurante Leytón, Namarinos, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Lar y Restaurante Portochico.

Esta cita terá lugar uns días antes da cea de conmemoración do 25 aniversario da creación da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz que terá lugar o vindeiro 25 de abril no Hotel Restaurante Leyton. Nesa xornada entregaranse os galardóns aos gañadores da ruta de tapas e ao día seguinte, o 26 de abril, sortearanse os premios entre aquelas persoas que fixeron a ruta dos viños.

Ademais o vindeiro luns, 22 de abril, presentarase a campaña As compras na túa vila teñen premio, que se desenvolverá desde esa xornada ata o 3 de maio. Está organizada pola Federación Galega de Comercio e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz.

Exit mobile version